Ovidio Rodeiro visita unha das empresas beneficiarias das axudas da consellería do mar

PORTO DO SON> Nove empresas vinculadas á transformación de produtos do mar no Barbanza beneficiáronse da nova liña de axudas da consellería do Mar. En total máis de 645 mil euros en achegas para mellorar a súa competitividade.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaba esta mañá unha das empresas beneficiarias desta liña de axudas que promove a consellería do Mar. Trátase da firma sonense Fiss SA, que contou cunha subvención de máis de 30 mil euros para levar a cabo a optimización do proceso de envasado.

O delegado territorial da Xunta destacou que na comarca do Barbanza  foron un total de nove empresas as que cumpriron os requisitos e recibiron estas achegas que ascenderon a máis de 645 mil euros. Tres en Ribeira, dúas en Boiro e unha en Muros, Outes, Porto do Son e Rianxo.

Dende 2016 estas axudas beneficiaron a preto de 130 pemes de transformación de produtos do mar por valor de máis de máis de 30,7 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí