RIBEIRA> O PP de Ribeira denuncia o mal estado en que se atopa o aparcadoiro de Deán Grande. Acusan ó executivo local de converter a parcela nun vertedoiro depositando alí entullos da construción que imposibilitan o uso da instalación dende hai tres meses.
Recollendo as queixas que lles veñen de trasladar algúns veciños de Deán grande, o PP de Ribeira levará a pleno o mal estado en que se atopa o aparcadoiro deste barrio. Denuncian que leva máis de tres meses sen poder ser utilizado para estacionar vehículos posto que alí se acumulan entullos e restos de construción.
Denuncian tamén o problema medioambiental que pode supoñer posto que a parcela non é o lugar máis axeitado para depositar este tipo de residuos.











