BOIRO> A falla de solucións a este problema por parte do equipo de goberno foi a razón fundamental da toma desta decisión.
O BNG critica o abandono no que se atopa actualmente o Club Boiro Voleibol por parte do goberno municipal, que fai oídos xordos ás chamadas de auxilio que se dan dende a entidade, co fin de garantir a súa viabilidade.
Ante esta situación o BNG levará ó Parlamento unha proposta para que sexa a a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta a que poña enriba da mesa as posibles solucións que permitan garantir a continuidade do Club que está a atravesar un grave problema económico.