Batería de iniciativas do PP de Cambados para a parroquia de Corvillón

CAMBADOS> Batería de iniciativas do PP de Cambados para a parroquia de Corvillón. Os populares cren urxente unha posta a punto da casa da cultura e tamén mellora-lo mantemento do paseo da contorna do Estanque da Seca.

O PP de Cambados demanda unha batería de melloras na parroquia de Corvillón. A máis urxente, dín, unha actuación na casa da cultura. Din que o seu interior presenta un estado lamentable.

Os populares tamén reclaman unha posta a punto do paseo da contorna do Estanque da Seca, que presenta imaxes como esta. Un espazo polo que acotío pasean moitos veciños da zona.

Ademais, propoñen pechar esta cuberta, feita en tempos do PP, situada ó carón do campo da festa, para darlle máis uso, tamén cando vai mal tempo.

O PP presentou por rexistro estas propostas logo de recibir unha chamada do goberno local para que fixesen as súas achegas para os orzamentos do 2021.