As obras na travesía de Rinlo estarán rematadas no prazo dun mes

    travesiarinlo_100_010307.jpgRIANXO > Francisco Candela interesouse en Rianxo polo estado de varias actuacións que a Deputación Provincial está a desenvolver no municipio.

    Despois de manter unha xuntanza co rexedor rianxeiro, Pedro Piñeiro, informou da marcha das obras da travesía de Rinlo. Segundo Francisco Candela os traballos estarán rematados no prazo dun mes aproximadamente. O alcalde referiuse tamén a estas obras, pedindo desculpas ós veciños pola tardanza na realización das mesmas.rotondacastelao_200_010307.jpg

    O responsable da área de Infraestruturas Viarias da Deputación Provincial da Coruña, Francisco Candela, fixo referencia tamén ó proxecto de reforma da seguridade viaria nas proximidades do colexio Castelao, unha actuación que tivo que ser modificada no seu proxecto inicial pola oposición da ANPA deste centro educativo.

    Demora na circunvalación

    Entre as actuacións analizadas figuraba tamén o proxecto da estrada de circunvalación, que uniría Rianxiño co vial que conduce a Leiro, pola zona da Pedreira. Esta obra, que aínda está en fase de estudo, non sería viable antes do ano 2008, xa que é necesario levar a cabo a expropiación de terreos. Un trámite que podería levar algún tempo.

    franciscocandelaenrianxo_200_010307.jpgFrancisco Candela achegouse co alcalde e o Xefe de infraestruturas Viarias da Deputación da Coruña, Vicente Berrocal, á zona da Pedreira, para analizar in situ a viabilidade deste proxecto. Alí comprobaron a oreografía do terreo e viron a necesidade de ter que realizar un estudo topográfico para determinar cal sería a opción máis idónea para acometer o proxecto de construción deste vial de circunvalación duns 500 metros de lonxitude aproximadamente, e que uniría Rianxiño, nas proximidades do IES Félix Muriel, coa estrada de Leiro.

    O organismo provincial levará a cabo tamén en breve a mellora da estrada do Pazo, cun importe total de 300 mil euros, que serían investidos na remodelación desta travesía de entrada a Rianxo. A actuación estaría incluída dentro do Plan de Vías e Servizos da Deputación para este ano 2007.

    En Rianxo, Francisco Candela tamén anunciou a licitación inmediata e posterior execución dunha nova fase de iluminación na Ponte de Catoira, concretamente na zona de Isorna, na que está previsto investir unha cantidade próxima ós 80 mil euros.

    Redacción Barbanza