Dieste nega presuntas irregularidades nas contratacións públicas

BOIRO> O alcalde sae así ó paso das críticas formuladas polos nacionalistas sobre a falla de transparencia e os reparos postos por Intervención. Para o alcalde as presuntas irregularidades denunciadas polo BNG non son tal. Segundo el este tipo de reparos son habituais no funcionamento cotiá na maioría dos concellos. Son simples advertencias que fai o departamento de Intervención pero que non son ilegais xa que se fan para prestar con urxencia determinados servizos ós veciños. e deles dase conta cada dous meses no pleno. Para Dieste esta denuncia non vén máis que a tratar de enlixar a súa boa xestión á fronte do Concello e a tratar de sacar rédito político.