A pasarela Pontus Veteris propón luxo para o vindeiro outono-inverno

    romeroenpontus_100_030207.jpgPONTEVEDRA > A única pasarela de Galicia, Pontus Veteris mostrou onte as propostas para a vindeira tempada outono-inverno 2007-2008.

    Florentino, Charoa, Montoto, Toypes, María Mariño, Araujo piel, Makari, e Boxley mostraron os seus deseños. A modelo invitada, a actriz Vanesa Romero, non restou protagonismo á modelo galega por excelencia da cita Sonia López. Quen sí levou protagonismo foi Ana María Ríos, a galega de Cancún, que acudía como invitada e non levou precisamente un caluroso recibimento por parte do público.

    Todo estaba preparado para que dese comezo a décimo novena edición da pasarela Pontus Veteris e chegou ela levantando expectación… e abucheos. Non gustou ó público de Pontevedra a presenza de Ana María Ríos, a galega de Cancún, como invitada de primeira clase. Onte o importante era a moda, a calidade dos tecidos e o colorido. E eso foi o que se viu sobre a pasarela.sonialopez_200_020307.jpg

    A noite comezou cunha performance e posta en escea do acontecer dun vagón de metro, e Mon Santiso foi o encargado de conduci-la gala. A estrela invitada sobre a pasarela era Vanesa Romero, actriz da serie de televisión Aquí no hay quien viva, que recibiu unha boa acollida por parte do público. Aínda así, a meirande parte dos aplausos da xornada foron para Sonia López, modelo sarriana, ex-miss galicia, presentadora de televisión e asidua á cita pontevedresa.

    Moda

    As firmas de peletería puxeron a nota de luxo, con modelos á cintura e abrigos cinxidos ó corpo da muller, coa pel de portro, marta e visón como materia prima. O furor da tempada, as carapuchas, tamén en pel, e os estampados, onde o leoprado é o rei. Para o día a día, faldas, bailarinas e vermellos metalizados. Toypes trasladounos ó país das fadas; Montoto abogou polo sport e grandes volumes; e Florentino vestiu ó home de lana e seda. Ó final, o público agradeceu con entusiasmo as propostas.

    Ademáis dos membros da Cámara de Comercio de Pontevedra, entidade organizadora, non quixeron perder a cita con Pontus Veteris, o alcalde Miguel Anxo Fernandez Lores; a tenente de alcalde Teresa Casal; a delegada en Pontevedra da conselleria de Innovación e Insdustria, Montse Prado; o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán; ou, entre as case 3 mil persoas que abarrotaban o recinto, Telmo Martín, candidato polo PP á alcaldía da cidade. A vindeira cita, primavera-verano 2008, no mes de setembro.

    Redacción Salnés