BOIRO> O alcalde de Boiro, Xosé Ramón Romero, destacou a importancia desta axuda concedida pola Xunta, a través da consellería de Economía, Industria e Innovación, que permitirá a mellora das infraestruturas no polígono industrial de Espiñeira.
Unha parte desa achega irá destinada a mellora da seguridade viaria e a pavimentación dunha das vías principais do parque.
A outra das actuacións previstas permitirá a instalación dun novo sistema de vixilancia co fin de garantir a seguridade das empresas asentadas no parque.