Rianxo demanda a reposición das liñas ferroviarias suspendidas pola pandemia

RIANXO> O concello de Rianxo demanda a reposición dos servizos ferroviarios de Renfe que se eliminaron por mor da pandemia. Instarán á Xunta a que solicite ante o goberno central que habilite as liñas e traxectos habituais, unha vez que se recupere a mobilidade.

Cando se decretou o estado de alarma en marzo do pasado ano, Renfe suspendeu numerosos servizos ante a limitación da mobilidade. Algunhas destas liñas supoñían o principal medio de transporte para os veciños de Rianxo, especialmente estudantes, a través das conexións de Catoira ou mesmo de Padrón. Agora, o concello demanda que se repoñan tódolos servizos unha vez que mellore a situación epidemiolóxica e se levantes as restricións á mobilidade.

No marco da súa proposta que foi aprobada en pleno, o concello rianxeiro demanda tamén a creación dun organismo encargado da xestión dos servizos de ‘Cercanías’ para descentralizar o servizo e dar mellor asistencia ós usuarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí