RIANXO> A nova estrutura do goberno municipal de Rianxo quedará organizada en cinco grandes áreas, das que o alcalde, Julián Bustelo, asumirá as competencias de Comercio, Emprego, Industria, Turismo, Urbanismo e Mobilidade.
As outras áreas de xestión serán asumidas polo resto de edís de Rianxo en Común na corporación municipal: Xulio Alcalde, Ana Vidal, Alberto Angueira e Olalla Figueira.
En canto ás dedicacións, a proposta de Rianxo en Común segue un esquema continuista. Manteríase unha das dúas dedicacións exclusivas existentes e as tres dedicacións parciais, que aumentarían lixeiramente as súas contías.
A proposta suporía un aforro dun 25% para as arcas municipais con respecto ó grupo de goberno anterior.
A intención rexedor pasaría por celebrar a finais da vindeira semana o pleno de organización, unha vez trasladada a súa proposta ó resto de grupos.











