NOIA> Nas próximas semanas retomaranse as obras da praza de abastos de Noia. O alcalde explicou que a paralización dos traballos debeuse á introdución dun modificado no proxecto, que implica unha serie de trámites administrativos que teñen os seus prazos establecidos.
Os imprevistos xurdidos durante as obras de rehabilitación da praza de abastos de Noia obrigaron a introducir modificacións no proxecto. Os traballos están parados á espera de que os departamentos municipais emitan os preceptivos informes sobre o modificado do proxecto que xa foi presentado hai dúas semanas.
A modificación suporá ademais unha redistribución dos espazos que se acordaron cos praceiros que solicitaban o cambio de emprazamento dos seus postos de venda.
O alcalde contestaba deste xeito ás críticas formuladas dende a Marea Cidadá nas que denunciaban o presunto escurantismo ó redor da obra e a súa paralización.