![]()
VILANOVA > O alcalde asegura que a instalación dun Alcampo na vila creará 600 novos postos de traballo …
… O Concello recibiu a pasada semana o proxecto que lle remitiu a Consellería de Innovación e asegura que contará co apoio do goberno local. A firma instalarase na área comercial prevista en San Miguel de Deiro.
O Concello de Vilanova recibiu a pasada semana o proxecto promovido pola firma Alcampo para instalarse na área comercial reservada en San Miguel de Deiro. A apertura dun novo hipermercado nesta zona implicaría a creación dun centro comercial que xeraría en torno a 600 postos de traballo, segundo avanzou Gonzalo Durán.
O alcalde de Vilanova anunciou que Alcampo está nestes momentos tramitando a licencia para implantarse en San Miguel. Neste senso, Durán afirmou que o apoio do goberno municipal a este tipo de iniciativas é total tendo en conta o dinamismo que pode traer á comarca. Segundo o proxecto, o centro comercial tería unha superficie de máis de 6 mil metros cadrados, con distintas plantas para albergar, ademais do hipermercado, outras tendas e comercios, ademais dunha gasolinera.
Redacción Salnés










