Medio milleiro de sinaturas para mellorar o Parque da Coca

    VILAGARCÍA> Os veciños da Coca, en Vilagarcía, esixen melloras para o parque. A plataforma conseguiu recoller preto de 500 sinaturas contra o composteiro que o concello pretende instalar nesa zona. Unha oportunidade que aproveitaron para denunciar o abandono do entorno. Con case medio milleiro de sinaturas, os veciños do Parque da Coca oficializaron a súa oposición ao composteiro que o concello quere instalar na zona. Non gusta a ubicación, pero tampouco lles convence a xestión do concello. Critican que o goberno local non falou cos veciños para escoller a ubicación dos composteiros. As sinaturas xa están no concello dende o pasado venres, cando as presentaron por rexistro. Ademais, os veciños aproveitaron a oportunidade para reclamar máis melloras no Parque da Coca; un entorno rico pero que ven abandonado pola administración local. A limpeza de maleza nalgunhas das parcelas do entorno e a restauración dos muíños para uso público como valor etnográfico da Vilagarcía rural, son outras das peticións que recolleron os veciños no documento presentado no concello. Peticións que, a día de hoxe, seguen sen resposta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/vecinos_coca_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/vecinos_coca_villa.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí