A ampliación do cruce da rúa do Conde eliminará un punto negro

    cruce_copia100.jpgCAMBADOS> O alcalde, Luis Aragunde, acordou coa propietaria o derrubo dunha vivenda e a cesión de 109 metros cadrados, para a realización das obras.

    {flowplayer}images/salnes/CRUCE_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    O angosto cruce situado na rúa do Conde coa avenida de Vilariño, vai ser unha das actuacións máis importantes dos últimos anos, en canto á seguridade viaria. O obxectivo, é rematar cun dos puntos negros máis perigosos da localidade.

    Coas obras de remodelación, o cruce gañará unha amplitude de 7 metros, pasado dos 4,30 actuais ós 11 metros, o cal facilitará a visibilidade dos condutores. Ademais, vaise construír unha beirarrúa de 1,5 metros para garantir o paso de peóns.

    O alcalde cambadés, Luis Aragunde, anunciou o acordo coa propietaria dunha das vivendas para derrubar o seu inmoble para ampliala rúa.

    O cruce da rúa do Conde é un acceso de entrada e saída moi importante para o núcleo urbano de Cambados, porque funciona a modo de circunvalación para as zonas colindantes.

    Redacción Salnés