Catorce anos de cárcere para o Chicle pola violación á súa ex-cuñada en 2005

BARBANZA> Esta tarde coñecíamos o fallo da Audiencia Provincial da Coruña contra José Enrique Abuin, o asasino de Diana Quer, pola agresión sexual á súa ex-cuñada, en xaneiro de 2005.

O tribunal condena ó Chicle a catorce anos de cárcere. Consideran probada, a tenor das distintas probas presentadas durante o xuízo, a violación a súa ex-cuñada, cando esta tiña tan só 17 anos.

O tribunal tamén lle impuxo a prohibición de comunicarse coa vítima e de achegarse a ela durante vinte e dous anos, así como o pago dunha indemnización de 30 mil euros.

Aínda así contra esta sentenza, que non é firme, cabe presentar recurso por parte da defensa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí