Simulacro dun incendio con risco para as persoas entre Valga e Pontecesures

VALGA> Galicia enfróntase de novo a un verán que pode ser moi complicado en canto a incendios forestais, pola previsión dun tempo seco e caloroso. Esta mañá tivo lugar un gran simulacro de extinción dun lume dunha características moi complexas. Afectaba a dúas provincias, Pontevedra e A Coruña, extendéndose polos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón e A Estrada; e incluíndo a evacuación de dous núcleos de vivendas.

Un incendio de nivel dous, con risco para as persoas, que afecta a varios concellos. Podería acontecer ao longo deste vindeiro verán en calquera punto de Galicia, de aí a importancia dun simulacro como o organizado esta mañá. Un lume que afecta a dúas provincias, Pontevedra e A Coruña, extendéndose polos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón e A Estrada; e incluíndo a evacuación de dous núcleos de vivendas.

A importancia deste simulacro baséase na coordinación entre os diferentes corpos que interveñen. Ao tratarse dun lume de nivel dous, require a participación e rápido entendementos de múltiples efectivos.

Porque neste incendio interveñen os medios de Medio Rural, Bombeiros, GES, Protección Civil e corpos de seguridade e sanitarios. Todos eles, en coordinación, grazas a este posto de mando avanzado, de onde parten todas as ordes.

Explican que este tipo de simulacros son vitais, tendo en conta, ademais, que este tipo de escenarios de lumes virulentos son cada vez máis habituais.

Na Xunta advirten que nos enfrontamos, de novo, a un verán que pode ser duro en canto a incendios forestais. Logo dun inverno chuvioso e dunha primavera de alto crecemento da biomasa, temos por diante previsiblemente meses de seca e intensas temperaturas. O que nos toca a nós, como cidadanía, é extremar as precaucións e en caso de sospeita dun incendio, chamar sempre ao 085.