A exposición “Nado na Pedra” aterra no xardíns de Vicenti ata o mes de marzo

Pontevedra> Dende hoxe e ata o mes de marzo poderán desfrutar da exposición “Nado en Pedra”. Unha mostra, realizada polos alumnos da escola de Cantería da Deputación, que ten como temática a figura humana e que ten como obxectivo poñer en valor o oficio de canteiro.

Os xardíns de Vicenti, ao lado do Pazo Provincial, locen dende hoxe a exposición Nado en Pedra. Unha mostra, que tal e como dixo esta mañá a presidenta da Deputación, ten como fin, poñer en valor a extraordinaria formación que se da na escola de cantería, en Poio. Tamén poñer en valor este oficio, un oficio que ten moito futuro. E por último poñer en valor a tradición galega. Unha mostra que ten como temática principal a figura humana.

O vicepresidente da Deputación está encantado con esta mostra, é un gran coñecedor nesta materia, como fillo e neto de canteiro. Preguntado sobre cal sería a súa escultura preferida, Mosquera dixo que queda con cada unha delas, porque detrás de cada escultura sabe que hai un gran traballo.

A presidente quixo realizar un apunte antes de rematar a súa intervención….

Xa o saben ata o mes de marzo, nos xardíns de Vicente, ao lado do Pazo Provincial, poderán adentrarse nesta mostra, neste Nado en Pedra realizada polos alumnos da escola de Cantería da Deputación.