Máis productos e máis variados na Praza de Abastos de Ribadumia

    prazaribadumia130307.jpgRIBADUMIA > A praza de Abastos de Barrantes amplía a súa oferta de productos. Esta diversificación na oferta…

     

    …ven dada pola recente remodelación desta praza. A recente obra espertou o interese dos comerciantes neste mercado que ten xa cubertos case tódolos postos.

    Fai non moito na praza de abastos de Barrantes só tiñan cabida catro postos: o da froita, o das flores, o do peixe e o da verdura. Agora, a eses catro postos engádenselle cinco máis: dous máis de pescado, un de marisco fresco, outro de bacallao e o de verduras. 

    Segundo a alcaldesa de Barrantes, Salomé Peña, está medida potencia o comercio do concello e cumpre as expectativas.


     

    Non só ampliouse a oferta da praza da praza de abastos. As instalacións como a fontanería, a electricidade, a iluminación e os servizos de limpeza e mantemento, entre outros, tamén melloraron con esta obra. Unha obra que durou tres meses e contou cun orzamento de algo máis de 42.513 euros.

    Redacción Salnés