RIBADUMIA> Os alumnos do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia declaráronlle hoxe a guerra ás velutinas. Uns 40 rapaces achegáronse ata o pazo Quinteiro da Cruz para instalar unhas trampas que aprenderon a facer nun obradoiro. Os nenos amosáronse moi concienciados na loita contra esta especie invasora.
Na loita contra a avespa velutina tódolos xestos son importantes. Esta mañá os encargados de instalar trampas contra estas especies invasoras foron estes alumnos do colexio Julia Becerra Malver, de Ribadumia. Eles participaron nunhas charlas-obradoiro onde aprenderon a construír útiles caseiros cos que tentar mingua-lo número de exemplares desta praga.
Coa lección ben aprendida, os rapaces explicáronnos con que produtos atraer ás velutinas á nosa trampa. A colaboración entre o colexio e o Concello de Ribadumia permitiu impulsar estes obradoiros para nenos. As trampas quedaron instaladas hoxe nos xardíns de Quinteiro da Cruz, un espazo que, pola gran cantidade de camelias, atrae e numerosos exemplares de velutinas.
Na actividade desta mañá, tamén presentes varios membros do executivo local. Aproveitaron a ocasión para reclamar á Xunta máis medios para loitar contra a velutina. En Ribadumia retiráronse uns 350 niños de velutina tan só durante o ano 2017.