Os gaiteiros fixarán un prezo mínimo de 300 euros por actuación

    gaiteiros_100_150307.jpgVILAGARCÍA > As agrupacións de gaiteiros de Arousa estudan fixar un prezo mínimo de 300 euros por actuación. É unhas …

    … das medidas que teñen en mente de cara a mellorar as súas condicións laborais. Onte tiveron unha primeira reunión en Vilagarcía onde manifestaron sentirse discriminados polas comisións de festa.

    Os gaiteiros da comarca de Arousa reclaman dignidade para o seu traballo. Representantes de varias agrupacións de Vilagarcía, Vilanova, Cambados, ou Valga reuníronse onte nun bar da vila arousá para chegar posturas. Segundo explicou a TVSB, Paulo Nogueira, do grupo Ansuíña de Vilanova, e portavoz da Asociación de Gaiteiros Galegos, a situación que viven arestora estes músicos vai máis aló dun simple acordo económico. Trátase de conseguir para estes grupos unha seguridade laboral e fiscal e unha dignificación da propia actividade.

    gaiteiros_200_150307.jpgNesta primeira xuntanza falouse de establecer un prezo mínimo por actuación en torno ós 300 euros, pero os gaiteiros buscan máis. Segundo explicou Nogueira, ata o de agora, as comisións de festas fixan un acordo de palabra coas agrupacións e o pago faise en negro, cando no caso das orquestras si se lles fai contrato. Os gaiteiros considéranse logo discriminados polas comisións de festas e os intermediarios. Segundo indican, primeiro preocúpanse da orquestra e dos fogos artificiais e deixan os gaiteiros para o final, polo que ademais de regatearlles o diñeiro, moitas veces incluso non aparece o nome do grupo no cartel da festa.

    Tras o primeiro contacto de onte, os gaiteiros volverán a xuntarse e tratarán de aglutinar máis agrupacións arredor destas demandas.

    Redacción Salnés