Industria solucionará os problemas eléctricos dos veciños de Corvillón

    victorcaamaoconvecioscorvillon_100_150307.jpgCAMBADOS > Así llo dixo o candidato do BNG a un grupo de veciños ós que lles explicou o proxecto da Consellería de Industria para a zona.

    O candidato á alcaldía de Cambados polo BNG, Víctor Caamaño, explicoulles o proxecto de Industria a un grupo de veciños de Corvillón afectados polos problemas de baixa tensión existentes na zona.

    victorcaamaoconvecioscorvillon_300_150307.jpgHai tempo que estes veciños, en concreto os da Seca, O Ribeiro e Tragove, se queixan das continuas baixadas de tensión eléctrica que sufren nos seus domicilios e negocios. Mesmo o colexio de padece estas deficiencias, tal como denunciou en varias ocasións a dirección.

    Atendendo a estas solicitudes, Caamaño entrevistouse coa delegada provincial de Innovación e Industria, que colocou medidores na zona e elaborou un proxecto que, en dous meses, rematará cos problemas. Consiste na instalación dun novo transformador, unha liña de media tensión e outra de baixa que permitirán redistribuí-la electricidade, deixando as liñas actuais para zonas máis restrinxidas. Deste xeito esperan que os problemas eléctricos rematen totalmente.

    Redacción Salnés