Durán toma posesión como presidente da Mancomunidade

    duran_mancomunidade100.jpgCAMBADOS> Gonzalo Durán tomou hoxe posesión como presidente da Mancomunidade do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/constitucion_mancomunidade.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Gonzalo Durán tomou hoxe posesión como presidente da Mancomunidade do Salnés.

    O seu antecesor Jorge Domínguez propúxoo por escrito e, unha vez aceptado polo alcalde vilanovés, a maioría dos membros da xunta votou a favor, todos os do PP e o independente de SAL. En contra manifestáronse os tres membros do BNG e abstívose a única representante do PSOE que asistiu a esta sesión, Tania García.

    Gonzalo Durán púxose a disposición dos concellos do Salnés para seguir mancomunando servizos básicos e así abaratar custes ós veciños. De momento, os 9 concellos comparten o abastecemento de auga e tan só Cambados e Vilanova teñen en común os servizos de alcantarillado e recollida de lixo.

    A día de hoxe nas contas da mancomunidade hai 258 mil euros. Agás Meis, Meaño e Cambados que van ó día, o resto de concellos teñen pagos pendentes con este organismo. Gonzalo Durán explicou que en Vilanova conseguiron reducir á metade esta débeda pagando directamente a auga á Mancomunidade, sistema que proporá ó resto de membros.

    Na sesión constitución quedou posposta a elección de vicepresidente, xa que o único que se postula para este cargo, o portavoz do PP da Illa Juan José González, ausentouse por motivos persoais e así o deixou pedido por escrito. Tampouco asistiu á sesión o alcalde da Illa, o socialista Manuel Vázquez, por mor das Festas do Carme, nin o representante da oposición do Grove, xa que a Mancomunidade non tiña coñecemento do seu nome.

    Redacción Salnés