Rouban material do taller nun novo asalto á nave de Pereira

    pereira100.jpgVILAGARCÍA> O roubo na empresa de transportes, produciuse esta pasada madrugada. Esta tarde, os responsables de Pereira puxeron a denuncia.

    {flowplayer}images/salnes/ROUBO_AUTOBUSES_PEREIRA.flv{/flowplayer}

    Ás sete da mañá o encargado acudía a traballar como cada día, cando se encontrou os destrozos en diferentes puntos da nave de Pereira no Polígono Industrial de Trabanca. Cristais da oficina rotos, portas forzadas e a desaparición de numeroso material do taller, foron as consecuencias do roubo. Os responsables da empresa chamaron ó 091, que acudiu coa policía científica. A mediodía aparecía o perito para facer balance da gran cantidade de destrozos.

    Os ladróns entrarían en busca dun bo botín baseado nas recadacións da empresa. Sen embargo, os responsables de Pereira insisten en que nas oficinas e nos autobuses non queda nada de valor. Unha vez que chegan ás cocheras, vacíase todo o recadado nas distintas viaxes. Do mesmo xeito, aseguran que os equipos electrónicos, desintánlanse unha vez o autobús finalice o seu turno de traballo.

    Dende a empresa sinalan que nesta pasada madrugada, conxugáronse dous feitos: a folga xeral, polo que non había servizos e a nave estaba pechada, e as festas de San Miguel en Trabanca. Deste xeito, sospeitan que os ladróns tiñan vixilada a zona.

    Desgrazadamente, esta non é a primeira vez que rouban na nave de Pereira. En anos anteriores, tamén se produciron altercados. En varias ocasións conseguiuse deter ós culpables, e esperan que esta vez ocorra o mesmo.

    Redacción Salnés