Portas inaugura un centro de atención a maiores

    centrodia_100.jpgPORTAS > Esta tarde inaugurouse en Portas un novo centro de día, no coñecido como edificio da Azucarera, no lugar da Estación,…

    …. onde tamén se encontra a escola infantil ou Galescola deste Concello. O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Benestar, María Xesús Lago, que cedeu o protagonismo na descuberta da placa a dous veciños maiores deste concello, que simbolizan os futuros usuarios deste centro.

    En total son 40 as prazas cas que vai a contar este espazo de coidado e atención das persoas maiores. O prazo para solicitar acubillo neste centro de día comeza este mesmo mes cando xa terán lugar as primeiras comisións de valoración para dar acceso os futuros usuarios; dependendo da súa situación social, familiar e o seu grao de dependencia.

    Nestas dependencias estarán atendidos por un equipo de 9 profesionais de distintos eidos, baixo a dirección de Lucía Cores. E o custe que debe asumir cada beneficiario non superará en ningún caso o 30 % do custe no caso dos servicios asistenciais e terapéuticos, ou do 60 % , no caso de que tamén se queira beneficiar doutros servizos como comidas ou transportes.

    Este centro ven a unirse ós outros xa existentes nas comarcas das Rías Baixas, como o de Valga, o de Boiro e o de Outes; que viran a paliar os problemas xerados polo gran índice de avellentamento e dispersión da poboación destes Concellos, ó tempo que facilitan o coidado dos maiores e a conciliación social e laboral dos seus familiares.

    Redacción Salnés.