O Concello premia ós escolares por aprender a comer san

    prevencionobesidade_100_190307.jpgCATOIRA > Máis de medio cento de alumnos do Colexio Progreso clausuraron hoxe o Programa de Prevención da Obesidade Infantil, …

    … organizado polo departamento de Servizos Sociais do Concello. 

    O 13,9 por cento da poboación infantil e xuvenil é obesa e un 26 por cento ten sobrepeso. Son cifras que fixeron reflexionar ó departamento de Servizos Sociais de Catoira, que desde hai dous anos organiza no colexio Progreso un programa de prevención da obesidade infantil. Os alumnos de 5º e 6º de primaria, un total de 57, foron os últimos en recibir os consellos da técnico especialista en nutrición Gloria Sendón, e da psicóloga Asunción Refojo. Como premio á súa participación recibiron cadanseu agasallo, no que non faltaron unhas pezas de froita, para que os bos hábitos continúen.

    O programa busca concienciar ós rapaces no importante que é ter unha alimentación saudable, e tamén practicar algunha actividade física para frear un problema de saúde, como é a obesidade infantil. A actividade centrouse logo nos ámbitos educativo e familiar. A maior parte destes rapaces comen no colexio e desde o centro destacan que as máximas dunha alimentación san se cumpren nos menús do comedor. O colexio dálle un dez a este programa, e o Concello espera continualo o ano que vén.

    Redacción Salnés