Vilanova Centro pide que se vixíe a apertura en domingo e festivos

    eroskivilanova_100_200307.jpgVILANOVA > A asociación de comerciantes Vilanova Centro sospeita que certos establecementos pretenden abrir os domingos no verán.

    Os dirixentes de Vilanova Centro teñen fundadas sospeitas de que este supermercado que se inaugura a vindeira semana, pretende abrir en domingo, algo que, recordan, está completamente prohibido.

    O rumor xurdiu das persoas que acudiron ás entrevistas para traballar no establecemento, polo que os comerciantes lle pediron xa a Industria que extreme a vixiancia para evitar que se repitan situacións como as que se están a vivir en Vilagarcía con algúns locais.

    Dende Vilanova Centro recordan que o supermercado supera os 150 metros e que o Concello non está declarado como de interese turístico, polo que non hai excusa para a apertura en domingos e festivos.

    Redacción Salnés