Zona Aberta Vilagarcía e Zona Centro Cambados non se sumarán as campañas do Black Friday

VILAGARCIA, CAMBADOS> As asociación de comerciantes de Vilagarcía e Cambados non se sumará ao Black Friday. Dende Zona Aberta e Zona Centro consideran que esta promoción non é beneficiosa nin para os comercios nin para os clientes habituais. Aínda así, preto dun 20% dos establecementos de ambas asociacións celebrarán o Black Friday.

O vindeiro venres terá lugar o black Friday. Unha data na que as grandes compañías e os comercios realizan descontos importantes no seus produtos. Unha promoción á que non se sumarán os comerciantes de Vilagarcía e Cambados. Dende Zona Aberto e Zona Centro non realizarán ningunha campaña ao considerar que non é beneficioso para os establecementos.

Ambas asociacións consideran que esta promoción beneficia ás grandes empresas e é prexudicial para os pequenos comercios e inxusta cos clientes habituais.

Aínda que non farán campañas, si hai comercios de estas asociacións que se sumarán ao Black Friday e contará con apoio das súas asociacións. Entre os negocios destacan os de electrodomésticos e roupa.

Segundo estiman dende ambas asociacións, preto dun 20 por cento dos negocios se sumarán a esta campaña con grandes descontos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí