Meis vai ser o primeiro concello do Salnés en cobrar por oficiar vodas civis

    alcaldemeis_100_001.jpgMEIS > O Concello de Meis vai a ser o primeiro do Salnés en cobrar tasas por oficiar vodas civís.

    O seu alcalde, o popular José Luis Pérez Estévez, ve necesaria esta medida pola gran cantidade de vodas que se celebran no municipio. Asegura tamén que este novo imposto suporá un beneficio para o veciños.

     No Concello cásanse cada vez menos veciños e si máis xente doutras localidades. A causa do aumento da demanda das vodas nesta vila son a existencia de lugares de gran atractivo coma o pazo de Señoráns, en Paradela. Este foi un dos principais motivos que levaron ó grupo de goberno a aprobar no último pleno a creación dunha tasa municipal por ordenar unha voda civil. O seu custe vai dende os 90 ós 120 euros, en función de se sé é ou non veciño do concello. Ademais, se para oficia-la voda o alcalde ou algún edil se ten que desprazar do concello, o importe aumenta nuns 50 euros. O alcalde da vila asegura que os cartos recaudados se investirán en mellora-los servizos municipais.

    A medida aprobada polo goberno local de Meis foi criticada pola oposición, que a consideran esaxerada e abusiva. Ademais de Meis, Pérez Estévez asegura o concello de Vilagarcía tamén ten previsto aplicar unha tasa polo oficio de vodas civís no vindeiro ano.

    Redacción Salnés