![]()
CALDAS> O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e mailo alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, inauguraron o sábado a reforma urbana …
{flowplayer}images/salnes/ministro_en_caldas.flv{/flowplayer}
CALDAS> O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e mailo alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, inauguraron o sábado a reforma urbana de varias rúas do casco urbano.
O acto desenvolveuse na confluencia das Palmeiras e Igrexa e nel tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e o subdelegado Delfín Fernández, amais de membros da corporación local e os alcaldes de Cuntis e Moraña.
Nesta reforma, acometida con fondos do Plan E, centrouse no entorno da praza das Palmeras, e na zona das Silgadas, coa apertura desta rúa e da súa travesía, amais de actuacións en Gaioso, Hipólito de Sá e A Canle. Para o alcalde corren moi bos tempos para este concello e achacou este proceso de reforma da vila á suma de talento e compromiso.
Caldas recibiu do Plan E 1,7 millóns de euros en 2009, e este ano será preto dun millón. O rexedor indicou que trala Semana Santa seguirán as obras. As autoridades percorreron a rúa Igrexa para comprobar o resultado das obras e o ministro demorou un pouco máis a súa marcha, aproveitando un convite do alcalde, que ese día estaba de cumpreanos.
Redacción Salnés










