Espina y Delfín mellorará a deshidratación de lodos na EDAR de Ferrazo

    edarferrazo100_220307__still_001.jpgVILAGARCÍA > Un investimento de 307.000 euros permitirá mellorar a calidade do pretratamento e a deshidratación de lamas da EDAR de Ferrazo

    … A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía aprobou o proxecto presentado por Espina y Delfín, que financiará integramente os traballos.

    A Estación Depuradora de Augas Residuais de Ferrazo, en Vilagarcía, verá mellorados os seus sistemas de pretratamento e de deshidratación de lodos. Estas obras precisarán dun investimento de 307 mil euros que asumirá integramente a concesionaria do servizo Espina y Delfín. O proxecto presentado pola empresa e aprobado pola Xunta de Goberno Local explícase que as obras son necesarias para adecuar as instalacións á nova configuración dos terreos despois do peche do acceso lateral á EDAR con motivo das obras do Porto.

    Isto fai preciso reubicar os elementos de recollida de residuos, proxectándose a deposición nun único contedor e nun espazo bastante reducido dos sólidos, areas e graxas. A empresa indicou que o incremento da poboación levou un importante aumento da producción de lamas na EDAR polo que resulta convinte aumentar a capacidade de deshidratación. As obras acometeranse nos propios terreos da depuradora e o prazo de execución será de dous meses.

    Redacción Salnés