Os emigrantes retornados confían en que o pacto BNG-PSOE resolva o seu problema fiscal

VILAGARCIA> Os emigrantes retornados levan dende o ano 2013 na rúa reclamando xustiza e igualdade fiscal. Agora, comezan a ve-la luz ó final do túnel, segundo din grazas ó pacto acadado entre o BNG e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez. Trasladan un recoñecemento especial ó traballo desenvolto por Néstor Rego, o único Deputado do Bloque en Madrid.

Celebran que despois de moitos anos, a intención de dar solución ó seu problema quedase reflectido por escrito.

Confían en que se cumpran os prazos establecidos e que a resolución do problema chegue neste 2020. Advirten que seguirán na rúa cada mes, protestando polos seus dereitos. Así llo trasladaron xa ó Deputado do BNG no Congreso.

Din que o tempo lles veu da-la razón é que, ó contrario do que dicía o PP, isto si tiña solución porque isto é un problema político. De momento, hoxe volveron concentrarse diante de Facenda en Vilagarcía. Agardan que a de hoxe sexa unha das últimas veces que teñan que saír á rúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí