Os comercios de Meaño garanten a seguridade dos clientes

MEANO> Os certificados de “Comercio de Seguro” que entrega a Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercado chegaron ao concello de Meaño. Estes selos garanten que o establecemento cumpre con todas as medidas de prevención fronte á Covid 19. Este recoñecemento foi entregado a dous comercios da vila pero preto de 10 o poderán recibir nos vindeiros días.

A Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercado de Pontevedra quere garantir que os seus establecementos están preparados para enfrontarse á Covid 19. Para elo, os negocios que cumpran coas medidas de prevencións fronte ao coronavirus recibirán o selo de “Comercio seguro”. Estes recoñecementos chegaron ao concello de Meaño, por agora en dous locais, pero serán máis os que reciban nos vindeiros días.

Este selo é unha garantía de que o establecemento cumpre con todas as medidas necesarias para que os clientes non se expoñan aos contaxios.

Estas medidas están pensadas para incentivar as vendas no comercio local na volta a normalidade. Un regreso que no concello de Meaño está sendo ben acollido pola clientela.

Para facilitar a volta ao traballo, dende a asociación contan co apoio da Federación provincial de Pontevedra, do consorcio do Cambados e do concello de Meaño. Os comerciantes da vila atópanse agora cun problema que afecta a todos os pequenos comercios, as plataformas online.

O Corazón de Meaño conta na actualidade con 30 negocios. Dende a agrupación consideran que para manter vivo o comercio local é necesario estender a asociación fora de Dena e unir a todos os comercios das diferentes parroquias do municipio meañés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí