VILAGARCÍA> A asociación Centro Comercial Galerías o Río de Vilagarcía denuncia os continuos actos vandálicos dun grupo de mozos e mozas. Segundo a agrupación, os rapaces fan botellóns e danan as instalacións das galerías, incluso saltándose o toque de queda. Piden á policía que patrulle a zona polo menos unha vez ao día.
Dende hai anos os negocios do centro comercial galerías o Río sofren os continuos actos vandálicos dun grupo de mozos. Os rapaces acceden ás galerías ao caer a noite e levan a cabo todo tipo de conductas inadecuadas que danan as instalacións. Os comerciantes da galería aseguran que xa non aguantan máis.
Dende a agrupación tamén denuncia que estes mozos sáltanse continuamente o toque de queda e as medidas sanitarias.
Como todo os comercios, os establecementos das galerías están a sufrir a situación actual, unha crise que se agrava debido ao comportamento destes mozos.
Segundo a asociación, dende o concello aconselláronlle pechar as portar da galería, pero a agrupación non valora esta opción porque afectaría aos comercios de dentro da galería. A súa petición é que a policía circule pola zona ao menos unha vez ao día.
A intervención da policía é necesaria para que os mozos abandonen as galerías, xa que os comerciantes non se atreven a votalos por medo as reprimendas. Segundo contan, algúns locais amenceron con pintadas despois de que os donos recriminasen aos rapaces o seu comportamento.