Protesta no hospital para axiliza-la incusión das fundacións no SERGAS

    concetracionhospital_100_230307.jpgBARBANZA > O persoal do Hospital do Barbanza realizou unha concentración en protesta pola demora na reversión da xestión das Fundacións ó SERGAS.

    Máis de medio centenar de persoas entre médicos, enfermeiros, auxiliares e persoal de administración concentráronse durante dez minutos diante da porta principal do Hospital do Barbanza. Os membros do comité de empresa portaban unha pancarta cun propósito claro: “Desaparición das Fundacións. Reposición ó SERGAS”.

    Segundo o presidente do comité de empresa deste hospital, Manuel Martín Morales, as reivindicacións teñen como finalidade fundamental a publicación inmediata do Decreto de integración do persoal, o comezo das negociacións das ordes de estatutarización para a súa publicación ós tres días da publicación do dito Decreto e o cumprimento escrupuloso do compromiso de remate do proceso antes do 30 de xuño, así como o comezo dos pasos normativos necesarios para a integración das Fundacións e Empresas Sanitarias Públicas na rede do SERGAS.

    A súa intención é continuar con este tipo de concentracións durante dez minutos tódolos martes, estando previsto ademais a realización dunha folga de 24 horas para os días 17 e 24 de abril. Dende o comité de empresa deste hospital fanlle saber tamén ós usuarios deste centro hospitalario que lamentan ter que chegar a esta situación, pedindo de antemán disculpas polas molestias que estas accións de protesta lles poden causar. Aínda así comprométense a cumprir escrupulosamente os servizos mínimos pactados.

    Redacción Barbanza