Derbi en Monte da Vila entre Rasoeiro e Balonmán.com

SALNÉS> Chega o primeiro derbi do ano en Primeira Autonómica. Rasoeiro e Balonmán.com míndese en Monte da Vila nun encontro no que os visitantes parten con certo favoritismo.

Rasoeiro e Balonman.com Meaño mídense mañá no Grove no derbi da comarca do Salnés por excelencia. Ambos equipos chegan á cita situados en metade de táboa con tan só dous puntos de diferencia. Os do Grove son quintos con tres victorias e outras tantas derrotas mentres que os meañeses son cuartos con catro triunfos e dous partidos perdidos. A día de hoxe, no que será o derradeiro encontro da primeira volta, trátase dun partido importante porque precisamente en metade de táboa faise o corte dos que loitarán na segunda parte do campionato polo ascenso, que serán os catro primeiros do grupo, e os que o farán pola permanencia, que serán os catro últimos.

Ambos conxuntos chegan á cita con baixas. Quito Parada non poderá contar co porteiro Dani nin co extremo Víctor, por temas laborais. Nos meañeses, Javi Suárez sigue sen recuperarse mentres que o gardamallas Charli tampouco poderá estar na cita.

A imaxe amosada nos primeiros partidos, agás no último ante o Bueu, dalle certo favoritismo ó Balonmán.com, que tentará abstraerse da polémica arbitral e centrarse no estrictamente deportivo. A veteranía e calidade dos seus xogadores pode ser determinante.

Con todo, o Rasoeiro mellorou sensiblemente nas últimas semanas e suma dous triunfos seguidos grazas en parte á recuperación de xogadores como Juanjo ou Bruno, que tras un ano ausentes voltaron a Monte da Vila da man de Quito Parada.

Redacción Salnés