O Noia conquista a Copa Deputación de fútbol sala

NOIA> Vitoria na casa do Noia Fútbol Sala que se fixo coa Copa Deputación ó vencer ante o Parrulo por tres a un. Na categoría feminina, o Viaxes Amarelle fíxose con título nun encontro moi igualado co Fisober que rematou cun dous a un no marcador final. Non era doado pero o Noia conseguiuno. Na final da Copa Deputación contra O Parrulo de Ferrol conseguiu facerse co primeiro título da tempada. Ante unha grada abarrotada no polideportivo municipal de Noia, o equipo local saíu a por todas cun especial papel na defensa. A pesar do bo xogo do Parrulo, que inaugurou o marcador no minuto nove cun tanto de Chicha, os ferroláns non conseguiron sumar máis puntos fronte ós tres tantos do Noia a cargo de Cristian, Marci e Dani. Pola súa banda, o viaxes Amarelle fixo o propio na categoría feminina vencendo ó Fisober por dous a un. O equipo de Vimianzo asinou un primeiro tempo moi bo co tanto de Raquel. Sen embargo, unha vez chegado o empate grazas a Marta, o Amarelle amosou a súa superioridade adiantándose na segunda metade co tanto de Patri que decidiu o encontro. Á marxe dos resultados deportivos, cabe destacar a boa organización do encontro e o éxito de público que abarrotou as gradas do recén remodelado pavillón de Rosalía de Castro.