A castaña será a protanista no Salnés na última quincena de xuño

    castanacopy.jpgCAMBADOS> O Consello Regulador da Denominación de Orixe deste froito seco está a preparar unha campaña de promoción nos establecementos hostaleiros.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_CASTANA_ZONA_CENTRO.flv{/flowplayer}

    Os establecementos hostaleiros que decidan participar nesta iniciativa, recibirán do Consello Regulador da Denominación de Orixe Castaña de Galicia e de xeito gratuíto todas as castañas que precisen para as súas receitas. Uns pratos para os que haberá total liberdade de elaboración.

    A maiores das xornadas de degustación, que se celebrarán en toda a comarca durante a segunda quincena do mes de xuño, os establecementos participantes pasarán a formar parte dun concurso gastronómico. Todo dirixido a fomentar o uso da castaña na gastronomía.

    Coa promoción deste froito seco, do que Galicia exporta o 90% da produción nacional, Cambados iniciará un ciclo de varias campañas de promoción gastronómica, que continuarán coas exaltacións da sardiña, do mexillón e da vieira, o molusco estrela da vila.

    Ademais do Consello Regulador e o concello cambadés, esta iniciativa conta co apoio da Xunta e do Consorcio de Comercio do Salnés, que traballarán en conxunto para potenciar o consumo deste nutritivo e saudable produto natural tan típico de Galicia.

    Redacción Salnés