Vilagarcía ten todo listo para a chegada das SS.MM. os Reis Magos

    VILAGARCIA>O Concello de Vilagarcía xa ten todo listo para a Cabalgata de Reis de mañá. A comisión organizadora debullou hoxe os detalles…

    {flowplayer}images/salnes/cabalgata_vilagarcia.flv{/flowplayer}

     … do percorrido que realizarán mañá as súas Maxestades de Oriente polo casco urbano vilagarcián. Unha vez dentro da Casa Consistorial de Ravella, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán ós nenos e nenas para escoitar as súas últimas peticións.

    Este percorrido terá unha duración aproximada de hora e media durante a cal se guindarán uns dous mil quilos de caramelos. Neste evento participarán de balde todas estas ANPAS e asociacións, amais do colectivo

    Os Remolóns e o Tren Chuchú. Os actos dos Reis Magos continuarán o venres día 6; cun percorrido das Súas Maxestades polo Hospital do Salnés, a Igrexa Parroquial, os lugares da Laxe e Sobradelo e o Asilo e o Convento de Clausura de Vista Alegre.

    Ó fío da polémica sobre a colaboración altruísta das organizacións participantes, a Comisión Organizadora da Cabalgata pediu que non se politice nin se quite ferro interesadamente respecto a este acto que pretende proporcionar ós nenos e nenas o seu día máis máxico do ano.

    Redacción Salnés