O IGAPE achega as novas tecoloxías ás empresas de Vilagarcía

VILAGARCÍA> A xunta de Galicia organizou en Vilagarcía un showtech. Unha xornada para mostra o uso das novas tecnoloxías. O obxectivo é axudar a que as empresas coñezan as vantaxes da dixitalización.

O IGAPE organizou en Vilagarcía unhas xornadas dedicas as novas tecnoloxías denominadas “industria e empresa 4.0, as claves da empresa intelixente”. Unha xornada dedicada a difundir as vantaxes da industria dixital.

O obxectivo é que as empresas se sumen as novas tecnoloxías .

Na xornada participaron tres empresas que mostraron as súas tecnoloxías: Robotplus que se dedica á posta en marcha de robots colaborativos, Rysia 3D especializada na impresión 3D e Kéndra dedicada á realidade mixta. As presentacións destas firmas permite aos participantes interactuar e coñecer de primeira mas as novas tecnoloxías e os programas e axudas para implantalos. As sinerxías xurdidas axudan á aparición de proxectos de colaboración entre os participantes.

Dende o IGAPE valoran de forma positiva estas xornadas pioneiras que tiveron o peche da primeira edición en Vilagarcía. Agardan poder poñelas en marcha para o ano e seguir apostando por que as empresas se adapten as novas tecnoloxías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí