O equipo do doutor Diego López faise co I Premio de Investigación en Cardioloxía

SANTIAGO> Onte pola noite entregábase en Santiago o Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía. Nesta primeira edición o galardoado foi o proxecto presentado polo equipo que lidera o doutor Diego López, pertencente ó Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Numerosos profesionais da medicina galega, ademais de representantes do ámbito universitario, político e cultural asistiron onte pola  noite no Hostal Parador de Santiago a entrega do Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía, un galardón que recaeu nesta primeira edición no proxecto presentado polo equipo que lidera Diego López Otero, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). Foi o propio Diego López quen recolleu o galardón de mans do presidente de honra do Xurado, o empresario e mecenas Ramiro Carregal.

Tamén participou no acto de entrega do premio o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen destacou a implicación dos empresarios galegos, coa sociedade e o seu afán por contribuír a construír un mundo mellor, poñendo coma exemplo a figura do propio Ramiro Carregal.O titular do Goberno galego tamén ensalzou o labor que realiza o servizo de cardioloxía do CHUS.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí