RIBEIRA> O executivo ribeirense informou dunha nova actuación que ten coma finalidade mellorar a eficiencia enerxética e a sostenibilidade en tres novas dependencias municipais coa incorporación de paneis solares fotovoltaicos.
Os edificios nos que a Administración Local prevé actuar son o novo auditorio municipal, o complexo deportivo da Fieiteira e as instalacións da Unidade de Condutas Aditivas, antiga UAD.
Destinará a este fin un investimento de preto dos 264 mil euros, con cargo a fondos europeos Next Genaration.
Estas tres instalacións, sumaranse tamén ó mercado municipal, no que está tamén previsto actuar.
Segundo explicou o alcalde, a actuación permitirá xerar un aforro económico importante para as arcas municipais e avanzar na eficiencia enerxética, coa redución das emisións de carbono.











