Os socialistas urxen a mellora da rede eléctrica no núcleo do Esteiro

    veciosesteiro_100_290307.jpgBOIRO > O PsdeG fíxose eco das queixas dos veciños de Esteiro a través dunha iniciativa parlamentaria na que insta a Industria a reforza-la rede eléctrica.

    Os veciños do núcleo de Esteiro, na parroquia boiresa do Castro, levan moito tempo denunciando a falla de tensión na rede eléctrica que abastece as súas vivendas. A situación agravouse nos últimos anos co incremento de poboación que demanda máis potencia no subministro. A liña, obsoleta e insuficiente, non pode dar servizo a tódolos veciños polo que se producen constantes fallos e baixadas de tensión e, nas vivendas é practicamente imposible acender dous electrodomésticos ó mesmo tempo.

    Esta situación provoca que os residentes neste núcleo non podan desenvolver con normalidade as tarefas máis cotiás polo que reclaman unha pronta solución por parte da compañía eléctrica e das administracións responsables. Precisamente, o o grupo socialista vén de presentar unha iniciativa no Parlamento interesándose polas xestións que se teñen realizado ata o momento, dende a Consellería de Innovación e Industria, para solventar as deficiencias existentes na liña e as previsións de mellora deste servizo.

    A este respecto, o deputado socialista, José Manuel Lage, informoi de que xa en febreiro de 2006, o departamento autonómico dictara unha resolución ó respecto instando á empresa a presentar un informe da instalación necesaria para subsana-las irregularidades no przao de dous meses, Un ano despois, os socialistaa queren coñecer os pasos dados para solventa-lo problema que sufren a diario os veciños de Esteiro.

    Redacción Barbanza