A patronal ribeirense reclama máis efectivos policiais

RIBEIRA> Malestar no seo da asociación de empresarios de Ribeira ante a falla de efectivos da policía nacional no municipio. Xa remitiron varios escritos á subdelegación do goberno solicitando a incorporación de máis axentes.

A pesar de dispoñer dunha nova comisaría, dotada de máis recursos materiais, a Policía Nacional Ade Ribeira non conta aínda con suficientes efectivos. Polo menos, non co cadro de axentes que lle pertencería por número de habitantes. Esta situación preocupa especialmente á asociación de empresarios da localidade que leva tempo denunciando a necesidade de reforzar a vixilancia ante o incremento da inseguridade cidadá.

Xa hai meses que a patronal remitiu unha carta á Subdelegada do Goberno en Galicia sobre a necesidade de reforzar a plantilla da policía nacional sen que ata o momento obtivesen resposta.

Dende a asociación tamén están en contacto co concello para conseguir que se incremente a dotación de axentes da policía local.