![]()
POBRA > O Partido Galeguista denunciaou as deficiencias observadas no renovado campo de fútbol da Alta, a tan só un mes da finalización das obras.
O portavoz galeguista denunciou varios erros no proxecto de reforma do campo de fútbol da Alta. Entre eles, a colocación de postes diante da pista de atletismo, no medio dos espazos destinados ó lanzamento de disco e xabalina, o que impedirá a práctica destas modalidades deportivas. Antonio Moure explica ademais que a estrutura susténtase sobre unhas zapatas de cemento cunha altura superior á do terreo de xogo, o que contitúe un perigo para os usuarios do recinto.
Outra das observacións realizadas polo representante do Partido Galeguista refírese ó acurtamento do terreo de xogo en cinco metros e a falla de acondicionamento da marxe entre o campo de herba e a pista de atletismo. Ademais denuncian que non se están a habilitar vestiarios femininos, o que implica un trato discriminatorio para as mulleres que qdesexen practicar deporte nestas instalacións.
Erro subsanado
Ante as críticas formuladas polo Partido Galeguista, o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, explicou que a instalación do balado diante das pistas é un erro do que o concello xa tiña coñecemento e onte mesmo xa dera orde á empresa encargada das obras para que reubicase a instalación tralas pistas.
Así mesmo, explicou que o terreo de xogo reúne as medidas reglamentarias, posto que contitúe unha das pistas máis grandes de toda a comarca, con medidas de 105 x 63 metros, que o igualan a campos de primeira división. Con respecto á marxe exterior do campo, Isaac Maceiras explicou que se trata dun frenxa de seguridade que non forma parte do terreo de xogo pero que en todo caso será acondicionado. Tamén o rexedor referiuse ós vestiaros de nova construción que se están a facer, que ‘por suposto, darán servizo a homes e mulleres’.
Neste sentido, o rexedor pobrés considera que o voceiro galeguista cometeu unha falta de respecto ó entrar nunha obra antes de estar rematada e facer declaracións públicas antes de ter solicitado información ó concello. Isaac Maceiras considera que a remodelación do campo da Alta é unha gran obra que ‘non pode ser desprestixiada polo afán electoralista de certos grupos da oposición’.
Redacción Barbanza










