Antonio Botana aprende técnicas culinarias ós futuros hostaleiros do Salnés

    CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés clausurou esta mañá o curso intensivo de hostalaría no que unha decena de alumnos se formaron durante dúas semanas no Restaurante Pandemonium de Cambados da man do seu chef, Antonio Botana. Trátase dunha das liñas de formación do Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade, unha iniciativa que desde o seu inicio xa leva insertados no mercado laboral a 70 dos seus cen participantes. Corenta horas de formación intensiva da man dun dos chefs do Grupo Nove. Alumnos do Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés asistiron nas dúas últimas semanas a un curso acelerado de hostalaría no Pandemonium de Cambados. Da man de Antonio Botana aprenderon os segredos dun bo servizo de sala e técnicas de cociña. Unha mostra do aprendido entre fogóns amosábano hoxe no acto de clausura do curso. O curso ten como finalidade familiarizar a estes alumnos para o traballo directo en hostalaría e capacitalos para a súa saída ó mundo laboral. Antonio Botana amosouse satisfeito co traballo realizado polos seus alumnos. Hai unha boa canteira de hostaleiros na comarca. Só se precisa constancia e loitar porque malia o difícil da situación, di o chef, a hostalaría ten moito futuro. Unha mostra dese futuro é o nivel de inserción laboral que está a acadar este obradoiro de emprego impulsado pola Mancomunidade. Setenta dos seus cen alumnos xa lograron un traballo desde que botou a andar. 45 deles cun posto de máis de tres meses. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/empregosalnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/CLAUSURA_EMPREGA_SALNES.mp4{/flowplayer}