O prazo de adxudicación de parcelas en Baión remata o día 15

    poligono_baion100_030609.jpgVILANOVA> O prazo para a adxudicación de parcelas do parque empresarial de Baión culmina o vindeiro día 15.

    {flowplayer}images/salnes/POLIGONO_BAION.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O prazo para a adxudicación de parcelas do parque empresarial de Baión, en Vilanova, culmina o vindeiro día 15.

    Segundo puido constatar o Concello, ó longo dos últimos meses detectouse un interese importante polo polígono, xa que son moitas as empresas que preguntaron polas parcelas e que ven de maneira positiva o emprazamento e características da superficie empresarial. O polígono de Baión conta con 300 mil metros cadrados e ten conexión co porto de Vilagarcía un fácil enlace coa autostrada AP9, ademais de estar cerca da estación de ferrocarril de Vilagarcía.

    A previsión de Suelo Empresarial del Atlántico, organismo que xestiona este parque, é que en xullo se faga efectiva a adxudicación provisional de parcelas, para xa en setembro por datas de contratos. Desde o Concello lembran que saíron á venda un total de 57 parcelas, distribuídas en seis mazás. O prezo por metro cadrado vai desde os 110 euros en parcelas de uso industrial ós 180 euros nas de uso terciario.

    Para a adxudicación de parcelas terase en conta a creación de emprego, o respecto ó medio ambiente, ou a incidencia da actividade na localidade e no entorno da comarca do Salnés, entre outros criterios.

    Redacción Salnés