RIBEIRA> Boas novas tamén no ámbito empresarial para Ribeira que continúa coa tramitación do novo polígono. Se non xorden impedimentos, a intención do executivo local é licitar as obras a finais deste verán.
A alta demanda de chan empresarial fai pensar na necesidade de dotar de máis superficie industrial ó municipio polo que o alcalde xa solicitou unha xuntanza co IGVS para retomar o proxecto do macropolígono comarcal.