Malestar no PP de Vilanova e Cambados coa Mancomunidade por non acometer a obra da senda peonil

VILANOVA> O partido popular de Vilanova e Cambados critican á presidenta da mancomunidade por non acometer o proxecto da senda peonil. Os populares acusan a Giráldez de poñer en risco a solidariedade do ente comarcal. Dende Vilanova advirten que se non hai acordo, non volverán colaborar en proxectos doutros concellos.

Malestar no Partido Popular de Vilanova e Cambados pola decisión da mancomunidade de non acometer o proxecto da senda peonil que uniría ambas vilas. Os populares consideran que a presidenta está rompendo a solidariedade que sempre existiu no ente comarcal, poñendo en perigo a súa unión.

Dende a formación sinalan que esta decisión da mancomunidade é un fito histórico, xa que ao longo da súa historia todas estas obras foron acometidas polo ente comarcal. O alcalde de Vilanova consideran que a súa débeda non debería ser un problema.

Os populares tamén indican que esta obra non só beneficia a estes dous concellos, se non tamén á Illa, a Vilagarcía e especialmente ao sector do mar, evitando os vertidos á ría. Gonzalo Durán advirte que se a mancomunidade non colabora neste proxecto, a súa vila podería deixar de participar nas obras doutros concellos.

Pola súa parte, a alcaldesa da Mancomunidade do Salnés quixo poñer de manifesto o consenso que hai no ente comarcal entre os alcaldes dos diferentes partidos políticos. Tamén recordou que a Xunta e augas de Galicia sinalaron que é as expropiación corresponden aos concellos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí