A regata de bateis do concello do Grove arranca o vindeiro sábado

    regata040407__100.jpgO GROVE > 300 deportistas participarán na séptima edición da bandeira de bateis do concello do Grove. Esta regata…

    …está organizada como en anos anteriores polo Club de Remo Mecos. O próximo día 7 de abril , o porto de O Grove será o escenario desta proba. Esta bandeira de bateis do Grove celébrase por séptimo ano consecutivo. Nesta edición, 16 clubs da territorial sur do remo participan na regata. Como en anteriores entregas desta competición o concello do Grove apoia o desenvolvemento desta proba.

    O concelleiro de deportes do concello asegurou que a aportación para esta regata está en torno ós 1.000 1.500 euros. A regata de bateis do Grove que celebraráse ás catro da tarde do vindeiro sabado no porto do Grove caracterízase por unha forte participación feminina. Algo, que os afeccionados a este deporte esperan que se extenda a outras disciplinas naúticas.

    Ademáis, dende o concello de O Grove recordouse que este ano , e para potenciar o deporte base , o presuposto para as subvención dos clubs rondará os 73.000 euros. Alejandro Aguín asegurou que dende a súa concelleria apoiaráse os clubs que fagan máis pola canteira da vila. Para acceder a está axuda os clubs deberán contar con 20 deportistas federeados e estar apuntados no REDIN, o rexistro de entidades de deportes de interese municipal.

    Redacción Sálnes