O BNG aposta por Carmela Alfonso para renovar o seu cartel en Vilanova

    candidatabngvilanova100_040407.jpgVILANOVA > Carmela Alfonso Leiro. É a nova aposta do BNG de Vilanova para desbancar ó PP do goberno local…

    … O portavoz do grupo municipal nacionalista Ricardo Nogueira mailo coordinador comarcal do Salnés Duarte Correa arrouparon á candidata na súa presentación ante os medios de comunicación.

    candidatabngvilanova200_040407.jpgO cartel electoral do BNG en Vilanova renóvase con Carmela Alfonso Leiro, enxeñeira técnica agrícola, 20 anos dedicada a proxectos de formación e emprego en diferentes concellos e agora desenvolvendo a súa labor no de Caldas de Reis. Naceu en Tremoedo en 1962 e arestora vive nas Sinas. Afírmase novata nisto da política pero aspira a ser unha persoa que represente a tódolos veciños de Vilanova, para recuperar, entre outras cousas, a autenticidade na toma de decisións. ‘Boto en falta que non se trate a todos por igual e que non se goberno para todos, tamén que non haxa un ambiente sen crispación’, indicou a candidata nacionalista.

    Para Carmela Alfonso, ‘o único beneficio persoal que poderei quitar será sentirse ben cando os veciños tamén estean ben’. Para o BNG, esta candidata cumpre cos requisitos pensados para encabezar a lista vilanovesa, ‘é a idónea, pola súa faceta profesional, ten compromiso co partido e coñece o concello’, indicou Ricardo Nogueira, actual portavoz do BNG municipal.

    Do BNG só queda por coñecer o cabeza de cartel por Meaño, e haberá que esperar á volta de Semana Santa.

    Redacción Salnés